A editora Alen Miño xurdiu coa intención de espallar a lingua e a cultura galega a través das súas publicacións. Por iso ten na edición de libros unha ferramenta máis para acadar este obxectivo.
Ata o día de hoxe sairon do prelo obras de poetas (Kiko Neves, Manolo Pipas), ensaistas (Francisco Candeira, Anxo Porto Ucha, Ángel Rodríguez Gallardo, Diego Giráldez...), xornalistas (Manrique Fernández), etc.
Tamén se publicaron libros propios como osPremios I e II de Relatos curtos e de humor, e os especiais “Letras Galegas Fermin Bouza Brey”“Eduardo Blanco Amor”, “15 anos de xornalismo independente” (con artigos de Suso de Toro, Pablo González Mariñas, Eliseo Alonso, Xoán Bermúdez, Xerardo Dasairas e Manuel Riveiro Loureiro, entre outros), “Especial 300” ou “A Peneira a hoxe” (coa colaboración de Xulio Rios, Xosé Luís Barreiro Rivas, Avelino Pousa Antelo, Alfonso Eiré, Francisco Fernández del Riego, Filgueira Valverde ou Margarida Ledo Andión).